A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia (TVG) desprazarase hoxe en directo ata a localidade ourensá de Xinzo de Limia, inmersa xa na celebración do seu coñecido Entroido. Os espectadores da TVG serán testemuñas da tradicional celebración do Domingo Oleiro, que consiste en facer corros de persoas que lanzan ó aire olas de barro cheas de auga ata que a alguén lle caia ó chan e teña que pagar unha botella de viño.

No tempo das entrevistas, Almudena de Urzáiz conversará con Bartolomé Pidal, presidente da Asociación Cultural Padre Silva, que organiza en Ourense unha exposición con fotografías, cartelería, vestiario e moitas lembranzas da historia Cidade dos Muchachos.