19 de febrero de 2019
19.02.2019

A presidenta do Consello da Cultura Galega estará hoxe no 'Zigzag'

Rosario Álvarez falará sobre a mostra 'Os Adeuses', que se pode visitar en Nova York

19.02.2019 | 00:57
Rosario Álvarez.

O programa Zigzag recibirá hoxe a visita da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, para falar da mostra Os Adeuses, que pode verse no Ellis Island Museum de Nova York ata o 5 de maio. O consello da Cultura e a Xunta reúnen nesta mostra unha selección de fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo.

Por outro lado, no corazón de Compostela, os espectadores descubrirán o Camiño de Kumano, o Kumano Kodo, unha serie de fotografías realizadas polo galego Luís Gago e a irlandesa Aoife Dhubhda neste vello e afastado lugar do Xapón, que convida a vivir a súa maxia e a lembrar que hai máis de 20 anos está irmandado co Camiño de Santiago. Ademais, o espazo da tvG2 falará do novo libro de Iria Collazo, A casa do paralelo 54, unha historia onde a imaxinación non ten límites, onde as cousas máis raras suceden coma se fosen normais.

Finalmente, Zigzag achegarase ao novo disco do guitarrista galego Valentín Caamaño e, da man da colaboradora María Yáñez, descubrirá a memoria fotográfica Nas Redes.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook