O programa A Revista animará hoxe os maiores a practicar deporte ensinando a práctica do cachibol, unha modalidade de voleibol pensada para as persoas da terceira idade. O programa estará en directo en Santa Comba asistindo á práctica deste deporte. Ademais, o espazo da TVG estará en Ourense, no polígono de San Cibrao, onde se ultiman os detalles para as carrozas que desfilarán no Entroido.