A Revista da Televisión de Galicia (TVG) asistirá hoxe a unha comida solidaria con algúns dos mellores cociñeiros do panorama español. Chefs como Arzak, Martín Berasategui ou Jordi Cruz danse cita en Negreira, onde a Asociación Anxiños racadará fondos para construír un centro para mozos con trastornos psíquicos graves. Na segunda das saídas, o programa estará na Cidade da Cultura de Compostela, visitando a exposición Pensar coas mans. Dende alí. Dende aló, A Revista amosará as últimas novidades da artesanía galega.

E esta semana o protagonismo será para a Mostra de Encaixe de Camariñas. A directora da mostra, Dolores Lema explicará no estudio as actividades que se levarán a cabo nesta vixésimo novena edición. Tamén estará no espazo a directora de B2Fabric, Blanca Gomera e unha palilleira, Rosa Pasantes.

Este martes tamén estarán no estudo as actrices do Malo Será! Marita Martín e Susana Sampedro, que cada mércores xuntan teatro e humor na Televisión de Galicia (TVG). Para rematar, Carlos Roma achegará contidos sobre moda.