23 de abril de 2019
23.04.2019
La Opinión de A Coruña

O 'Zigzag' celebrará o Día do Libro co escritor galego Xosé Ramón Pena

22.04.2019 | 19:22
O 'Zigzag' celebrará o Día do Libro co escritor galego Xosé Ramón Pena

No Día do Libro, Zigzag contará coa presenza no estudio de gravación de Xosé Ramón Pena, que acaba de editar en Xerais Historia da literatura IV. A obra, que xa está nas librarías, é o cuarto volume co que o autor continúa o ambicioso relato da historia literaria galega que iniciou hai máis de cinco anos. Nesta ocasión, alicerza unha narración documentada da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e os últimos días de 1975, no final da ditadura, un momento en que se anunciaba o segundo rexurdimento das letras galegas, que se produciría coa chegada dos tempos da democracia en España.

O espazo da TVG2 estará tamén cos membros de La Macana, compañía creada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. Acaban de chegar de Alemaña, onde presentaron o seu novo espectáculo, Pink Unicorns.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook