18 de febrero de 2020
18.02.2020

'Vou que teño que vir' repasa a historia e a arquitectura da Coruña na TVG

O espazo visitará o miradoiro de San Pedro e o castelo de San Carlos, entre outros enclaves

17.02.2020 | 19:02
Fotograma do programa que emitirá hoxe a TVG, na Coruña.

O programa Vou que teño que ir da Televisión de Galicia (TVG) visitará hoxe A Coruña. O espazo da canle autonómica galega repasará a historia da cidade a través da súa arquitectura modernista, do miradoiro de San Pedro e do castelo de San Carlos. Tamén visitará o Aquarium Finisterrae, un centro interactivo de divulgación científica.

Ademais, Víctor Fábregas e Ledicia Costas terán a oportunidade de poñer a proba a súa puntería xogando no Real Club de Golf da Coruña, onde competiron campións como José Antonio Salgado.

A polbeira Melide será o lugar elixido por Víctor para saciarse de polbo e o Tira do Praia é o restaurante no que Ledicia vai probar una deliciosa robaliza. Xa á noite, aloxaranse no elegante Hotel NH Collection e no céntrico Hostal Alborán.

Por outra banda, e tamén na TVG, A Revista continuará falando do Entroido e das súas tradicións. Desta volta, centrarase nos boteiros de Viana do Bolo e nos felos de Maceda, e visitará ambas vilas para dar a coñecer estes personaxes aos televidentes. Ademais, o espazo da TVG dará que falar sobre un estudo que revela que as persoas que bailan son máis felices, e indagará para coñecer se isto é certo e que efectos produce o baile ou a música no noso corpo e na nosa saúde. Para isto e para responder as dúbidas dos colaborades, a psicóloga educativa Libertad Culebras estará no estudio de gravación.

Na mesa tamén estarán os colaboradores habituais Ana Gayoso e Manuel López, que afondarán e coñecerán máis sobre estas e outras cuestións que se comenten ao longo do programa.

E na segunda canle da autonómica galega, Carlos Rego e Magín Blanco chegarán hoxe ao estudio do Zigzag para falar do libro-disco Magín Blanco, o camiño da luz, co que Rego presenta a vida e obra dun músico único, que crea beleza con total naturalidade. O libro recolle con todo detalle o relato da existencia e do seu periplo musical de Magín Blanco. O espazo da G2 tamén se achegará á pintura de Roberto Díaz, un dos grandes expoñentes actuais da arte galega, un artista singular e pouco prolífico.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook