A Televisión de Galicia emitirá hoxe unha programación especial por mor da celebración do Día das Letras Galegas. O programa cultural Zig Zag, da segunda canle autonómica, centrarase hoxe na figura do autor homenaxeado este ano, o ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Ademais, pola tarde a TVG apostará polo cine galego coa estrea en aberto da película A sombra da lei, coproducida pola coruñesa Vaca Films e Atresmedia e que grabou gran parte das súas esceas na comunidade galega.

A edición de hoxe de Zig Zag será un monográfico sobre o escritor o que este ano se lle adica o Día das Letras. O equipo do programa fará un repaso pola obra e a vida persoal de este escritor galego a través de documentos e imaxes de arquivo así como por unha reportaxe especial que contará co testemuño de amigos, familiares e alumnos do autor. O presidente da Real Academia Galega (RAG), Victor Freixanes, a poeta coruñesa Pilar Pallarés ou a profesora da Universidade da Coruña(UDC) Pilar García Negro serán algúns dos convidados que falen sobre o autor ferrolán nesta edición especial.

Ademais con motivo do programa especial adicado a Carvalho Calero, o programa amosará unha entrevista grabada en Ourense a unha das súas fillas, María Victoria Carballo-Calero Ramos.

E pola tarde, as 17.35 horas, a Televisión de Galicia estreará A sombra da lei, película dirixida por Dani de la Torre e que acadou tres premios Goya. O filme, protagonizado entre outros por Luis Tosar, Ernesto Alterio, Michelle Jenner e Paco Tous, está ambientado na Barcelona de primeiros do século XX, nunha época na que España vive un momento axitado e caótico, "con violentos enfrontamentos na rúa entre matóns e anarquistas, e onde o gangsterismo e os negocios ilegais están instalados na sociedade", segundo adianta o canle público autonómico.

En medio desta situación, Aníbal Uriarte (o que da vida Tosar) é un policía enviado a Barcelona para colaborar na detención dos culpables do roubo dun tren militar. Uriarte verase involucrado en diferentes altercados e conocerá de primeira man a corrupción dalgúns dos policías da cidade.