Un dos pianista máis queridos de Galicia, James Rhodes, sorprendeu a todos os seus seguidores das redes sociais a pasada fin de semana cando amosou as fotos da súa voda coa actriz arxentina Micaela Breque.

Emocionado e agradecido, o pianista confesou no seu perfil de Instagram que o enlace levaba tempo planificado, mais que tiveran que pospoñelo pola pandemia e estaba preparado para o ano que vén. Porén, a parella non puido agardar outro ano para formalizar a súa relación e casou nunha sinxela cerimonia ante un xuíz e catro testemuñas.

Nunha data tan sinalada para o músico, resultaría raro que non houbera un embaixador de Galicia, a terra que "engaiolou" ó artista, presente na figura do padriño, o seu íntimo amigo Tamar Novas.

James Rhodes e Micaela Breque: un comezo atípico

James Rhodes e Micaela Breque IG

Os artistas coñecéronse a través de Instagram, a rede onde Breque, logo de emocionarse coas memorias do músico, arriscouse a deixarlle un comentario, facéndollo saber sen sospeitar a pegada que esas verbas deixarían na súa vida.

No libro, Rhodes fixera un exercicio de valentía no que desvelou os episodios máis duros do seu pasado: foi vítima de abusos sexuais aos cinco anos e en varias ocasións por parte dun mestre, o que o marcou psicoloxicamente ata o punto de atentar contra a súa vida. Este episodio levouno ao psiquátrico, onde recibiu terapia e logrou reconstruírse.

A súa agora muller contou no seu momento que con ese comentario "solo para agradecerle la valentía de contarlo. Me pareció heroico. Me contestó y con el tiempo fuimos hablando más y un día fui a Madrid a un concierto, y así empezamos".

Relación, compromiso e voda de James Rhodes e Micaela Breque

A parella oficializou a súa relación sentimental en 2018 e logo de tres anos, o pianista anunciou o seu compromiso:

"Qué increíble, con todos los altibajos de la vida, tener la suerte de no solo enamorarse de un país, sino también de enamorarse de una chica, visitar el lugar mágico que es Pucela y que ella diga 'sí' a la pregunta más importante".

Simultaneamente, a noiva colgou outro post no que confesaba: "¡Dije SÍ! Y estoy en las nubes. Agradecida a la vida que me haya puesto a este hombre maravilloso en el camino. Y este momento, que es el fin de nada y el comienzo de todo. ¡Allá vamos!".

Breque contou os pormenores do momento nunha revista arxentina: "Hizo el ritual de arrodillarse y fue un momento maravilloso, emotivo y que quedará en nuestra memoria por siempre. Pensaremos en los próximos pasos a nuestro ritmo y al ritmo del covid, también".

Pero o "seu ritmo" non foi o que tiñan pensado. Así o revelaría o artista na súa conta de Instagram o pasado sábado 28 de agosto, nunha publicación que contaba literalmente:

"No podía soportar esperar a casarme. Y así, con una hermosa e íntima ceremonia, solo cuatro testigos y un juez, hoy Mica y yo nos convertimos en marido y mujer. Qué inmenso privilegio dedicar el resto de mi vida a demostrarle a la mujer más bondadosa que conozco que, cada día, la amo un poquito más. Celebraremos con nuestros amigos y seres queridos el próximo año en LA fiesta. Viva el amor ♥️".

Como foi a voda de James Rhodes e Micaela Breque?

O músico colgou, como acostuma facer nos momentos máis significativos da súa vida, unha crónica en imaxes contando en primeira persoa aos seus seguidores como sentiu os acontecementos.

Se cando contou que casara saía nunha foto coa súa xa esposa, logo procedeu a subir unha imaxe do seu casamento.

"Unas fotos del Best. Day. Ever. Gracias por todos sus mensajes tan bonitos ♥️♥️♥️", rezaba o texto ao carón da orgullosa e elegante parella.

Subiu tamén ás redes o seu libro de familia, e nesa publicación, coma en tantas outras que se repiten dende fai máis dun ano, fixo referencia á súa recente nacionalidade española:

"Ya tengo libro de familia. Algo para atesorar por siempre. Me siento super español 🥰", expresou.

As primeiras horas de casado do artista están xerando un debate moi positivo na súa conta de Instagram, onde se confesou sorprendido e feliz de que todos os comentarios foran positivos. Este xesto fixo que se entusiasmase aínda máis cos seus seguidores e lles abrise moitas máis fiestras cara a súa intimidade.

Nas dúas últimas, fai referencia á súa alianza: gravou un vídeo ensaiando no seu instrumento o "Concierto para piano n° 3" de Beethoven presumindo do ben que se lle dá tocar coa xoia e, a continuación, redactou un emotivo texto sobre a posición do simbólico anel.

"Aclarad algo para mi, porfa. Entendí que en algunas comunidades los hombres llevan el anillo de bodas en la mano derecha y en otras (¿la mayoría?) en la mano izquierda.

Te puede interesar:

Así que elegí la mano izquierda porque está más cerca de mi corazón. ¿Es esto incorrecto? ¿Necesito llevarlo en mi mano derecha como español? O no importa en absoluto…

(El juez me dijo que cualquiera está bien 🤷🏻‍♂️)".