A RAG difunde a orixe dos topónimos galegos
A campaña ‘Toponimízate’ chegará este outono a oito concellos galegos

Valentín García, Víctor F. Freixanes e Vicente Feijoo. | // VÍCTOR ECHAVE / Redacción
Redacción
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra está de volta. Logo da obrigatoria paréntese provocada pola pandemia de COVID, a iniciativa de divulgación da toponimia galega, coordinada pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, chegará a nove concellos co fin de difundir a nosa riqueza toponímica e involucrar moitos colaboradores neste gran proxecto colectivo de salvagarda dos nosos nomes de lugar a través da aplicación colaborativa Galicia Nomeada.
O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron onte na sede da RAG a cuarta edición do programa xunto a Vicente Feijoo, o especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da Academia que será o encargado de impartir as charlas previstas ata o vindeiro mes de decembro.
O presidente da RAG salientou o gran valor da toponimia galega e a importancia do seu estudo, que a Academia desenvolve a través do Seminario de Onomástica. “A toponimia é a ciencia que estuda os nomes de lugar, a memoria da nosa paisaxe e da nosa xeografía, memoria humanizada que se constrúe ao longo do tempo, de xeración en xeración, e que constitúe un patrimonio de enorme valor. Galicia é un dos espazos europeos con máis riqueza cultural neste eido, Cada metro cadrado ten nome de seu, significación histórica que marcaron os devanceiros”, destacou.
Víctor F. Freixanes referiuse tamén á necesidade de implicar o público xeral “na descuberta dun patrimonio que debe conservarse e transmitirse ás novas xeracións” e agradeceu a implicación “de tanta xente do común, particulares e institucións” nesta campaña. “Toponimízate constitúe a difusión e a socialización dunha riqueza lingüística e cultural tan importante como son os nomes da terra. Busca a colaboración e o prestixio de saber chamarlle a cada lugar polo seu nome. É tamén un exemplo de colaboración entre administracións e unha entidade tan importante como a RAG”, apuntou.
- Así está la clasificación de Segunda División: El Racing asalta el liderato y el Deportivo cae a la segunda posición
- El Superior establece que empleados de la basura de A Coruña aumentaron las averías en la huelga del año pasado
- La huella del expresionismo en las fachadas de A Coruña: 'No eran solo para una burguesía adinerada, las hay en barrios obreros
- El Concello de A Coruña da licencia para convertir más de 40 bajos en vivienda en lo que va de año: se alquilan por hasta 2.000 euros
- Larguísimas colas para acceder al Zara navideño de A Coruña en este lunes festivo
- La premiada taquería mexicana de A Coruña que celebra tres años en Agra do Orzán: 'Nos diferencia el sabor auténtico y callejero
- La cena de murciélagos en el río Barcés de Cambre
- Quince años de humedad y cinco concursos desiertos en un edificio de A Coruña: «La gente está desesperada»