La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

As Tanxugueiras volven á Coruña entre bicos, apertas, sinaturas e nervios pola espera

14

Tanxugueiras en la FNAC de A Coruña Víctor Echave

As Tanxugueiras volveron onte á Coruña para asinar exemplares do seu disco Diluvio, na tenda da Fnac, na praza de Lugo. Alí atopáronse con centos de seguidores e seguidoras de todas as idades que agardaban, con nervios, poder ter un pequeno encontro con elas despois de facer cola na tenda e mesmo de sentar no chan para descansar un pouco mentres non chegaba o momento de falaren coas tres mulleres que derrubaron fronteiras cantando exactamente iso, que “non hai fronteiras” nin límites na música.

As artistas non regatearon bicos, apertas, sinaturas nin fotografías, que incluso facían elas cos teléfonos dos seu seguidores e seguidoras para que lles quedase como lembranza deste día.

Compartir el artículo

stats