Unha veciña de Teixeiro revolucionou a rede coa súa mensaxe sobre o risco para o rural galego do aluvión de proxectos eólicos. Porque “quen vai querer vivir dentro dun parque eólico?”, pregúntase Letidataberna nun vídeo viral na rede social Tiktok no que solicita axuda cidadá para frear os parques que promove Endesa na comarca da montaña, os denominados Caíño e Brancellao, que suman 58 muíños. A petición recibiu xa máis de 30.000 mensaxes. E as mensaxes de non cesan.