
Gala de entrega dos XXIX Premios de Teatro María Casares
A Asociación Galega de Actores e Actrices entrega este xoves, 3 de abril, os premios María Casares e farao cunha gala dirixida por Sarabela Teatro, que homenaxeará os oficios que fan posible que unha función se faga realidade e a todas as "compañías de furgoneta", aquelas que percorren o mundo sobre rodas para levar o tearo máis alá das súas fronteiras. Segue a partir das 20.30 horas a cerimonia de entrega dos premios no teatro Rosalía de Castro.