Arrincan as celebracións das Letras Galegas con actuacións musicais, artes escénicas, pasarrúas e coloquios na cidade. O acto institucional que abriu a programación este venres foi unha homenaxe ás cantareiras Adolfina Casás, Rosa Casás, Eva Castiñeira, Manuela Lema, Teresa García, Prudencia Garrido e Asunción Garrido na praza de María Pita, coa participación de familiares e achegados das cantareiras, representantes do tecido cultural e membros da Corporación municipal.