
Policía Nacional
Que facer ante un caso de SIM Swapping
A Policía Nacional detivo en San Adriá de Besós (Barcelona) a sete homes que utilizaban a técnica do SIM Swapping (en galego, intercambio de SIM) para estafar miles de euros as súas vítimas ao longo de toda a xeografía española, con denuncias nas localidades galegas da Coruña, Ferrol e Marín, entre outra decea de cidades. A Policía dá unha serie de consellos sobre este tipo de calote do que podes ler máis nesta ligazón. Más información



