
FDV
Volve «A miña gran cidade» cunha tempada de infarto
As combinacións máis atoladas, cos rostros máis coñecidos e inesperados, na Televisión de Galicia. Canda eles, descubriremos as cidades e tamén as vilas galegas como nunca antes, dun xeito persoal, emotivo e moi divertido. Pero como sempre, hai unha limitación: o anfitrión só disporá dunha hora para levar a cabo todas as experiencias coas que buscará conquistar o convidado para que quede na súa cidade.



