Síguenos en redes sociales:

Cartas de los lectores

O que pensa a maioría da xente

Por que temos tantos aforados? Tantos coches oficiais? Tantos políticos corruptos? Tantos cartos en paraísos? Tantos estafadores esquiando e navegando en barcos de luxo? Por que lle temos que pagar a unha princesa unha mensualidade?

Non ten quen a manteña na súa casa? Tan pobres están os pais e avós?

Para que eles poidan ter todo iso hai xente durmindo na rúa. Vellos morrendo sós e sin atención. Familias enteiras vivindo na miseria. Xente que non pode pagar a casa que seus pais lles deixaron (que non a roubaron) porque Facenda aplasta ós mais débiles, e estes non teñen quen os defenda?

Non importa ser de esquerdas ou de dereitas, pero a Xustiza ten moito que facer. Mirade de facer xustiza "de verdade", que diso estamos moi necesitados.

Non me gusta este mundo tan falto de humanidade. Marcho en boa hora.

Pulsa para ver más contenido para ti