- Multimedia
- Clasificados
- Servicios

Escola en Camiño é un proxecto de La Opinión A Coruña en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia dirixido aos centros educativos de Galicia para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica y humanística do Camiño de Santiago.
A educación é o alicerce do futuro. Un futuro no que non se debe perder a identidade propia nin os valores máis universais. E non hai nada máis universal que derrubar muros nin máis identitario que o Camiño de Santiago.
Escola en Camiño comeza a súa andaina con esta primeira edición en decembro do 2021 e permanecerá en marcha ata abril do 2022. Os centros interesado en formar parte do proxecto poden consultar as bases e inscribirse aquí.
Os centros poden inscribirse en Escola en Camiño do 9 de decembro do 2021 ao 28 de xaneiro do 2022 a través deste formulario online ou descargando a ficha de inscrición e enviala a través do correo electrónico escolaencamino@laopinioncoruna.es.
A partir do 16 de xaneiro poderán comezar a enviar os traballos e a data límite será o 8 de abril de 2022. A partir do 10 de febreiro e con periodicidade quincenal publicarase unha páxina no xornal coas mellores aportacións dese período.
Entregaranse nunha gala no Museo do Mar de Vigo. Elaborarase tamén o xornal “Escola en Camiño” cos mellores traballos, un exemplar que se distribuirá tanto nos centros educativos participantes como encartado con Faro de Vigo.