Embaixadores da lingua galega
O curso de Lingua e Cultura Galega para estranxeiros combinará as horas nas aulas con seminarios e visitas que amosarán a quince alumnos un anaco da historia de Galicia
Unha quincena de alumnos procedentes de países como Italia, Bosnia, República Checa, Cuba, Reino Unido ou Croacia darán vida aos corredores da facultade de Filoloxía da Coruña durante as próximas catro semanas ao tempo que se familiarizan coa cultura, as xentes e a terra galega.
A terceira edición do curso de Lingua e Cultura Galega para estranxeiros compaxinará as horas lectivas nas aulas con seminarios, actividades complementarias e viaxes culturais con destinos como Santiago de Compostela ou A Costa da Morte co obxectivo de mesturar o coñecemento básico do galego cun xeito de radiografía "de como somos e como vivimos os galegos", apuntou a directora de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.
"Cando paseedes pola cidade igual vos parece que o galego non existe nas rúas, pero non é certo; non vos deixedes levar por primeiras impresións, porque nos barrios segue vivo", asegurou Sanmartín aos que se converterán en embaixadores da lingua unha vez volten aos seus lugares de orixe.
Más en A Coruña
-
Un incendio en un casa deshabitada en Eirís obliga a desalojar a dos vecinos
-
Un padre y su hija se enfrentan a casi 7 años de cárcel por estafar a un matrimonio de Cambre y falsificar documentos mercantiles
-
Esta es la previsión del tiempo en A Coruña a 14 días
-
¿Qué hacer este domingo en A Coruña? Agenda del 19 de mayo