Síguenos en redes sociales:

Cascallos onde estaba Turismo

As obras da Marina botaron onte abaixo o edificio de información turística, que a Xunta moveu en abril aos xardíns de Méndez Núñez

O edificio de Turismo dos xardíns da Marina xa é historia. Os traballos que se levan adiante na zona para a ordenación da contorna e o vial soterrado chegaron onte á fase na que se tiña que botar abaixo a instalación de Porta Real, onde tradicionalmente os visitantes acudían a obter información sobre a cidade e as súas actividades.

O proxecto da Marina comprende a reforma do lugar coa peatonalización total desa zona, a instalación de novo mobiliario e áreas verdes e a posibilidade de erguer dous novos edificios adicados a hostelería e servicios.

Desde que comezaron as obras nesta zona da Marina, en Semana Santa, e deixou de estar operativo o edificio de información turística, a Xunta o trasladou de xeito provisional aos xardíns de Méndez Núñez, onde agora son atendidos os visitantes. Descoñécese aínda se esta será a ubicación definitiva da oficina cando remate a obra.

Pulsa para ver más contenido para ti