Síguenos en redes sociales:

Música da Banda Municipal e acto reivindicativo, no Día das Letras Galegas

Cántigas da Terrra actuará coa banda ás 12.00 horas na praza de María Pita

A Banda Municipal de Música ofrecerá hoxe un concerto na praza de María Pita para celebrar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario a formación non estará soa, xa que contará coa colaboración da Agrupación Cántigas da Terra. A actuación comezará ás 12.00 horas e, entre as pezas que sonarán estará Camiños da fin da terrra, unha composición de Antón Alcalde.

Á mesma hora, diante do teatro Rosalía de Castro, a plataforma Queremos Galego celebrará un acto reivindicato a prol da lingua e a cultura galegas.

No centro comercial Marineda City, de 17.00 horas a 20.00 horas, haberá unha actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas, un obradoiro no que os nenos escribirán un xornal de boas novas.

Pulsa para ver más contenido para ti