A Xunta invirte 600.000 euros en I+D+i nas universidades
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará 602.201 euros para financiar un novo programa de posicionamento para que o Sistema Universitario de Galicia (SUG) capte máis proxectos de I+D+i. A ferramenta será desenvolvida pola Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) e as universidades do SUG. A axuda irá destinada a subvencionar o gasto da Feuga no marco das actividades de posicionamento que se desenvolvan. O programa busca incrementar a taxa de éxito na consecución de proxectos europeos para grupos ou iniciativas institucionais, e acadar máis visibilidade e oportunidades no ámbito europeo para o SUG e os seus grupos de investigación; un incremento das colaboracións internacionais das universidades galegas; e unha mellora dos resultados de investigación con máis patentes, máis publicacións, máis promoción e divulgación e máis ingresos para a nosa I+D+i. Partirase dunha definición estratéxica das áreas que habería que priorizar, estruturándoas en tres bloques: Enerxía, Tecnoloxías de Información e Comunicación; Tecnoloxías de Fabricación, Procesos Industriais, Nanotecnoloxía e Materiais; e Medioambiente, Biotecnoloxía e Agroalimentación. A partires destas áreas a metodoloxía de traballo estará baseada no traballo cos propios grupos de investigación do SUG e, por outra parte en actividades de posicionamento a través eventos de todo tipo -transversais, tecnolóxicos, de brokerage-, en agrupacións tecnolóxicas e en accións de lobbying e de networking.
Más en A Coruña
-
Vecinos de Casas de Franco proponen alternativas a la obra que no comporten problemas de accesibilidad
-
Impulso a la investigación de la Universidade da Coruña: de una cátedra con Inditex a IA contra emergencias
-
La Fiscalía pide 29 años de cárcel para tres acusados de matar a un hombre en A Coruña al que reclamaban dinero
-
Las entradas para ver a Ricky Martin en el Coliseum, entre 60 y 120 euros