Moncho Rouco retrata aos nenos dos anos 60 no seu libro 'Soño de infancia'
Os que foron nenos nos 60 están de nora boa: o libro de Moncho Rouco, Soño de infancia, que presenta esta tarde ás 19.30 horas na librería Lume, faraos rememorar con facilidade a súa infancia naquela época de cambios. Coa obra, que o autor define como unha "biografía novelada", os lectores coñecerán a historia de Ramón, un rapaz que chega con 7 anos a A Coruña para medrar como 'fillo do corpo' no cuartel da Garda Civil.
"Os fillos dos gardas civís eran unha especie aparte a protexer. Non eran moi ben recibidos, porque a imaxe do Corpo era miserable", conta Rouco. O escritor. que retrata na súa novela aspectos da época como a relixión, a educación e a política, emprega no relato dúas miradas: unha, a do neno Ramón, e outra, a do escribidor, unha figura adulta que lle axuda a contar as súas vivencias e que aporta o pouso crítico ao relato. O que Rouco desexa con el, di, e que o lector, "bote un sorriso cada tres ou catro follas", e que navegue na "fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía" que supuxeron aqueles anos.
Más en A Coruña
-
A Coruña centrará as celebracións das Letras Galegas 2024 en homenaxe a Luísa Villalta
-
Christian McBride, ganador de ocho premios Grammy, actuará en el +QJazz de A Coruña
-
Un abril de récord en el puerto de A Coruña
-
La Policía Local de A Coruña incauta hachís y marihuana en una inspección "rutinaria" en un pub de Enrique Mariñas, en Matogrande