Síguenos en redes sociales:

Un pasaporte galego que ten premio

A livraria Suévia ofrece descontos a quen vaia a actos culturais en galego e de balde

Un pasaporte galego que ten premiola opinión

É un pasaporte que abre portas á cultura e que premia a quen asista a actos de promoción da lingua galega. A livraria Suévia reparte entre os seus clientes este caderniño que servirá para que as persoas que vaian aos actos que o negocio promocione nas súas redes sociais baixo o cancelo #PasaporteCulturalGalego poidan solicitar un selo nunha das páxinas deste libro.

Esta mostra de asistencia converterase, inmediatamente, nun desconto dun 10% na compra de libros na Suévia. Só se pode usar un desconto por compra.

Pulsa para ver más contenido para ti