Síguenos en redes sociales:

Anxo Angueira, autor de ‘Palmeiras, piueiros’.LOC

O poemario de Anxo Angueira: o renacer trala morte das palmeiras

O escritor presenta ‘Palmeiras, piueiros’ , unha reflexiona sobre o rexurdir da cultura galega e voga por unha “poesía lenta” para ler con calma

Quince anos en silencio dan para moita observación. O escritor e poeta Anxo Angueira, soubo que era o momento de rachar co silencio cando morreu a palmeira da aldea de Manselle, todo un símbolo do lugar de nacemento do autor pero tamén dun modo de vida que queda atrás e que xa non volverá ser igual nunca. “Eu non publico compulsivamente. Este libro foi moi pensado. Saiu cando tiña que saír”, reflexiona Angueira. Produto dese punto de inflexión nace , da man de Chan da Pólvora, Palmeiras piureiros, un poemario repousado e traballado que presenta mañá ás 19.30 horas na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

Angueira, que compaxina a escrita coa súa actividade á fronte da Fundación Rosalía de Castro, toma nota, na súa propia obra, das leccións fundamentais que nos legou a máis grande escritora das letras galegas. O rexurdimento cultural galego está moi presente no poemario, tanto o que liderou Rosalía de Castro como o que xermola hoxe. “A morte está alí, e forma parte da vida, como tamén o impulso contrario do ser humano, que traballa porque non morran os seus soños, porque non morra a súa cultura, o seu pasado”, defende Angueira. A reflexión sobre a morte, lonxe da visión catastrofista e como parte do proceso natural que é a vida co que cómpre aprender a convivir, tamén sobrevoa os poemas que compoñen o libro. Como a vida da aldea que xa non volverá a ser a mesma trala morte da palmeira que inspira o volume. “As cousas acaban, as cousas morren. Nós mesmos morreremos algún día. Pero despois ven a recuperación o renacer”, adianta.

Un renacer que escenifica, no título da obra, a figura do piueiro. “É unha embarcación tradicional que recuperou a xente mariñeira. No libro están as dúas forzas, o que irremediablemente acaba, e o que renace”, defende o autor da obra. A metáfora das palmeiras e os piueiros agocha outra invitación por parte do autor: abrazar a riqueza que vén de fóra, que asumimos como nosa, pero tamén facer o esforzo de coñecer e outorgar valor ao autóctono que queda agochado. “A palmeira é algo que vén de fóra, pero que fixemos noso. O piueiro é algo noso, pero descoñecido. Esa idea do diálogo, entre o propio e o alleo, esa reflexión sobre outras latitudes que non son a nosa, é algo necesario”, demanda.

Palmeiras, piueiros constrúese sobre composicións longas, épicas e que gardan vontade de afondar nunha idea: a de que a poesía é un goce que hai que disfrutar de xeito pausado, lento e atento; unha concepción que racha coas inercias que rexen as dinámicas da sociedade, abocada ao consumo rápido e inmediato dos entretementos e a informción. “É un xeito de respoder a todo iso. Hai un poema contra a alta velocidade, o AVE, que parodia un pouco o da chegada da locomotora a Ourense de Curros Enríquez. En realidade, é un xeito de alzar a voz sobre a vertixinosidade do momento, que sepulta o auténtico e non chega a ningures”, reivindica.

¡Regístrate y no te pierdas esta noticia!

Ayúdanos a adaptar más el contenido a ti y aprovecha las ventajas de nuestros usuarios registrados.

REGÍSTRATE GRATIS

Si ya estás registrado pincha aquí.