A Cámara e a Xunta ofrecen 1.000 prazas gratuítas para cursos de teleformación en comercio
Darán comezo o 6 de novembro, e poden realizarse en calquera momento e lugar
O plan contempla 26 cursos nas áreas de emprendemento e xestión comercial; transformación dixital; estratexia, sustentabilidade e punto de venda
A Cámara de Comercio de A Coruña e a Xunta de Galicia puxeron en marcha un novo plan de teleformación gratuíto (pódese realizar en calquera momento e a calquera hora) centrado no sector comercio, co obxectivo de actualizar e formar a preto de 1.000 persoas nas novas ferramentas e coñecementos así como de facilitar a súa adaptación aos cambios.
O programa contempla 26 cursos centrados no fortalecemento das competencias transversais e das habilidades, na atención ao cliente, en comercio electrónico, en innovación e en idiomas, entre outros. Ademais, profundarase no manexo e uso de novas canles para impulsar a comunicación e a proximidade cos clientes.
Vai dirixido a persoas traballadoras por conta allea e autónomas no sector comercial; traballadores deste sector en situación de desemprego (principalmente novos e mulleres) e mulleres, persoas desempregadas de longa duración e maiores de 45 anos.
Período 2023-2024
A formación, que se desenvolverá entre 2023 e 2024, está estruturada en cinco grandes áreas: Emprendemento e Xestión Comercial; Transformación Dixital; Estratexia; Sustentabilidade e Punto de Venda.
A formación inicial, que contempla 15 cursos, desenvolverase entre os meses de novembro e decembro de 2023.
*Prazas limitadas
- Competencias dixitais básicas: 6 de novembro a 1 de decembro
- Competencias dixitais avanzadas: 6 de novembro a 1 de decembro
- Contabilidade, administración e xestión: 6 de novembro a 4 de decembro
- Facturación electrónica: 6 de novembro a 4 de decembro
- Social Media Marketing no Comercio: 6 de novembro a 4 de decembro
- Tenda virtual: Prestashop: 6 de novembro a 1 de decembro
- Xestión da seguridade informática na empresa: 6 de novembro a 4 de decembro
- Comercio electrónico: 9 de novembro a 1 de decembro
- Constitución e plan de negocio básico para o pequeno comercio: 9 a 29 de novembro
- Ofimática: aplicacións informáticas de xestión: 9 de novembro a 1 de decembro
- Posicionamento en buscadores: 9 de novembro a 1 de decembro
- Tecnoloxías aplicadas á venda e atención ao cliente: do 9 o 27 de novembro
- A firma dixital: 13 a 29 de novembro
- Xestión da tesourería, medios de cobro e pago do pequeno comercio: do 13 o 29 de novembro
- Xestión fiscal, contable e laboral do pequeno comercio: do 14 o 27 de novembro
Pulo á formación
Para a Cámara de A Coruña, a formación é un eixo prioritario que ofrece aos profesionais da súa demarcación. A entidade garante a cualificación dos seus cursos, sometidos a un control de calidade, no que interveñen de forma determinante as valoracións e suxestións do alumnado.
Más información na páxina web www.camaracoruna.com, escribindo un correo a formacion@camaracoruna.com ou ben chamando ao 981 21 60 72.
Temas
Más en A Coruña
-
Una campaña arqueológica en el Castro de Elviña investigará la causa de la desaparición de una de las torres
-
La Policía Local de A Coruña evita el infarto de una mujer a la que llevaban en coche al hospital
-
¿Qué hacer hoy en A Coruña? Agenda del sábado 11 de mayo
-
Sábado de transición atmosférica en A Coruña