Síguenos en redes sociales:

Tombalobos Orquestra edita un disco con música popular galega

A formación naceu hai nove anos no concello de Arteixo e conta con catro acordeonistas entre os seus trece compoñentes

Tombalobos Orquestra edita un disco con música popular galega

Esta formación coruñesa móvese no eido da música popular galega, feita coa idea de facer bailar ao público, sempre tendo presente a ligazón permanente coa nosa tradición e folclore.

O grupo naceu no 2002 na aldea de Zorrizo, no concello de Arteixo, nunha xuntanza de amigos da que saíu a idea de subir aos escenarios. Co paso dos anos foron incorporando a novos compoñentes á banda, xa que comezaron como cuarteto e agora xa son trece as persoas que compoñen a formación, o que deu lugar a incorporar nova instrumentación que serviu para elaborar dun xeito diferente as pezas incluídas no repertorio.

Os catro acordeóns marcan o camiño sonoro, no que tamén teñen unha presenza activa dúas gaitas e diferentes percusións. No repertorio mesturan pezas instrumentais e cantadas e contan cun predominio de temas tardicionais, aínda que tamén aparecen catro composicións de autor.

O álbum saíu ao mercado grazas ao proxecto Outra+ outra, do que participan a Deputación da Coruña e a Fundación Paideia coa intención de ofrecer unha maior visibilidade aos grupos locais.

Pulsa para ver más contenido para ti