Síguenos en redes sociales:

Xurxo Iglesias fai a súa estrea como solista con 'Alpha'

O pontés tocou máis dunha década canda Susana Seivane

Xurxo Iglesias fai a súa estrea como solista con 'Alpha'

Xurxo Iglesias é coñecido, sobre todo, porque hai anos formou parte da banda que acompañaba a Susana Seivane. Este ano, o pontés decidiu dar o seu primeiro paso como solista e de aí nace Alpha, un traballo onde agroman as inquedanzas que foi reunindo no seu maxín. Iglesias realiza un álbum de folk con chiscadelas a outras sonoridades e no que, ademais dos instrumentos de corda que el toca, ten unha presencia importante a gaita e frauta de PepeVaamonde.

Pulsa para ver más contenido para ti