Sorrisos e I+d+i de doble uso
Coincidiron neste xornal, o día 15, dúas noticias que me chaman á reflexión e, aproveitando o lecer estival, tamén á ironía: A primeira está asinada por Lara Graña e refírese ao repunte das baixas laborais. É un traballo ben documentado no que destaco dous parágrafos: Que os expertos recoñecen que o absentismo laboral caeu por medo a perder o emprego e non por cuestións de saúde, aparte doutros condicionantes, e que as persoas asalariadas realizan en España cada semana un total de 3.350.500 horas extraordinarias que as empresas non lles pagan.
A segunda noticia asínaa A. Amoedo e conta que una empresa galega crea un sistema de control horario polo recoñecemento facial.
Nesta noticia reiterase o dato das horas extra non pagadas e dí que o sistema inventado introduce como novedade a opción de funcionar so cando a persoa ao outro lado do lector facial sorrí.
Cando una persoa enferma vai traballar por medo a que a despidan, cando alguén que traballa de xeito forzado máis horas das que lle corresponden e non llas pagan (sabendo que é moi común traballar a xornada completa con contratos de media xornada ou menos), cando os salarios son cada vez máis baixos e nen os convenios colectivos se cumpren, malditas as gañas de sorrir que se teñen. Non sei se esta opción de funcionamento terá éxito.
Suxírolles ás autoras do invento que llo ofrezan á Inspección de Traballo para que, pola detección das gargalladas dos empresarios piratas, que non son todos pero abondan, poda actuar máis eficazmente en defensa da legalidade e sancionalos como corresponde.
Sería I+d+i de doble uso.
Más en Economía
-
El Ibex 35 amanece con un alza del 0,1% y mantiene los 11.300 puntos
-
La Audiencia Nacional ordena a Altadis y Tabacalera pagar cotizaciones solidarias por los empleados despedidos en 2009
-
Iberdrola y Endesa exigen a Ribera 82 millones por parar el cementerio nuclear de Villar de Cañas
-
Una de cada diez jornadas laborales en Galicia supera las 49 horas semanales