Síguenos en redes sociales:

Hipólito Pérez | Candidato por Betanzos Novo

"Din o paso pola situación de decadencia económica e cultural de Betanzos"

"Apostamos por un modelo urbanístico que non estea basado no crecemento incontrolado "

"Din o paso pola situación de decadencia económica e cultural de Betanzos"la opinión

-De director da Axencia da Legalidade a candidato á Alcaldía de Betanzos. Por que deu o paso?

-Pois básicamente pola situación de decadencia de Betanzos, económica, social, cultural.

-Entendo que como experto en urbanismo estará preocupado pola situación del casco

-Si, claro.

-Que medidas propón para recuperalo?

-Levamos varias. A primeira aprobar un plan xeral cun modelo que non estea basado no crecemento urbano incontrolado senón na rexeneración do casco histórico e dos núcleos tradicionais. Unha posta en valor do riquísimo patrimonio histórico, cultural e natural de Betanzos. Levamos tamén un plan de rexeneración integral do casco que contén medidas para atraer de novo á poboación con medidas económicas, culturales, sociales.

-Que lle trasladan os veciños? Percibe ganas de cambio na cidade?

-Iso exactamente. O que máis noto é ganas dun cambio en Betanzos. Todos os betanceiros percibimos unha situación de decadencia, dun goberno paralizado.

Pulsa para ver más contenido para ti