Alicia Ferreiro | Candidata de Alternativa dos Veciños
"Hai que auditar as contas, contratar os servizos e revisar o plan xeral"
Como ven as eleccions?
As sensación son moi boas.
Mellor que a vez anterior?
Si, oh! Antes estaba Julio. Hai xente que di que a este non o vota.
Cantos concelleiros terán?
Eu apostaría por seis. Pero non nos chegan a nada.
Están dispostos a pactar?
Con quen? Non temos opción. Evidentemente coa dereita non imos pactar, e na esquerda están os grandes partidos, teledirixidos.
O seu balance do mandato?
Nós, satisfeitos. Non baixamos a garda. A única oposición somos nós e o BNG. O PSOE non sacou nada, ningún contrato. Estes días está todo cheo de máquinas.
As súas prioridades?
Auditar as contas, contratar os servizos, mantemento e revisar e expoñer o plan xeral e quitar solo urbanizable da Zapateira.
Temas
Pulsa para ver más contenido para ti
Comentarios
Ver comentarios