"Queremos municipalizar servizos, tren de proximidade e apeadeiro na Barcala"
"O tripartito foi o Goberno máis á esquerda na historia de Cambre e o máis estable do século"
Como ven a campaña?
Con moito optimismo.
Terán máis representación?
Sí. Rotundamente, sí.
Que balance fai do mandato?
Positivo. Fixemos cambios estructurais en cultura e deporte. En mobilidade verase nos próximos meses. Foi o Goberno máis á esquerda na historia de Cambre. E sendo tripartito, tivo un nivel de entendemento superior a outros monocromáticos. Foi o Goberno máis estable no que vai de século.
O alcalde discrepa do acordo coa Xuventude de Cecebre.
El votou a favor diso nos orzamentos. Que se aclare
Non o falaran?
Por suposto. O acordo é prorrogable e si se disolve a entidade, os bens serán Concello. É unha cuestión menor no clima de unión que houbo.
Reeditarían tripartito?
Queremos liderar o próximo Goberno municipal. Hai que chegar a acordos con outras forzas.
Con cales pactaría?
Salvo PP e Ciudadanos, abertos a falar con todo o mundo.
As principais propostas?
Continuar as melloras na programación e infrastruturas culturais e deportivas, facer novas bases de axudas á asociacións, municipalizar servizos, vivienda flexible, noitebús, tren de proximdade e apeadeiro na Barcala.