Técnicos forestais esixen a Xunta abrir unha mesa para negociar melloras laborais
Os encargados de dirixir e investigar incendios denuncian sobrecarga de tarefas
Técnicos forestais protestaron onte ante as instalacións da Xunta para reclamar que abra "xa" unha mesa de negociación para conseguir melloras laborais e aumentar as prazas poque denuncian falta de persoal e sobrecarga de tarefas. Unha trintena de traballadores realizou a súa reivindicación „nunha protesta conxunta dos sindicatos CIG, CCOO., CSIF e UXT„ cunha pancarta na que se podía ler Negociación acordo técnicos forestais da Xunta xa, onde fixeron soar chifres e bucinas.
José Manuel Zapata, técnico de distrito en Ferrol, alerta de que os técnicos fan "500 horas máis ao ano que calquera outro funcionario por un réxime de gardas que se pactou hai 11 anos e que non está adaptado á realidade", un exceso de horas que „engade„ "contradi a normativa europea".
En Galicia hai un cento de técnicos e 19 xefes de distrito que se encargan da dirección de grandes incendios forestais e da investigación das súas causas, da coordinación dos medios nos lumes „de axentes, brigadas e helicópero„, así como da xestión de montes públicos e da fiscalización da ordenación de territorio.
Por iso, reclaman que se incremente o número de traballadores "porque o cadro de persoal é de 1999". A pesar de que medraron as funcións, con leis como as de montes e incendios, "os traballadores son os mesmos". Lamentan que "aumenta a parte directiva'na Xunta coa creación de dúas direccións xerais e altos cargos, pero os técnicos do servizo público "son os mesmos".
Temas
Más en Galicia
-
Luis Lago Lage sustituye a José Manuel Lage Tuñas en la secretaría de Organización del PSdeG
-
Fallece la poeta y activista compostelana Luz Fandiño a los 92 años
-
El apuñalamiento de un vecino de A Illa destapa una red de narcotráfico
-
El BNG hará una campaña 100% gallega para las europeas alejada de la política madrileña