Fran Rei será o cabeza de lista do BNG para o Concello de Oleiros
Tamén foron refrendados Andrés Hernández Mouriño, coma número dous; Lucía López de Castro Ruiz, no terceiro lugar; e Iria Taibo Corsanegro no cuarto
Fran Rei, veciño de Santa Cruz de 33 anos e licenciado en Filoloxía Galega, foi refrendado onte por unanimidade en asamblea aberta cidadá coma candidato á Alcaldía de Oleiros polo BNG de cara ás próximas eleccións municipais de maio. A asamblea aberta celebrada onte tamén acordou por unanimidade os nomes da lista electoral ata o cuarto posto: Andrés Hernández Mouriño, coma número dous; Lucía López de Castro Ruiz, no terceiro; e Iria Taibo Corsanegro no cuarto.
Fran Rei, que traballa como técnico de museo e xestor de actividades culturais, é o responsable local da formación dende hai uns anos, ademais de ser membro do Consello Comarcal. Integrante da Plataforma Santa Cruz Aberta, participou activamente no movemento estudantil nacionalista e colabora activamente no asociacionismo cultural, vecinal, ecoloxista e na defensa da lingua. Foi varios anos vicepresidente da mesa pola Normalización Lingüística.
Más en Gran Coruña
-
El aquapark de Cerceda anuncia la fecha de apertura para este verano
-
El incendio en un garaje obliga a desalojar un edificio de nueve plantas en O Burgo
-
Culleredo y Miami: tras el hermanamiento y el cruceiro, ahora la plaza Galicia en Florida
-
Resultan ilesos los ocupantes de un coche incendiado en Oza-Cesuras