Síguenos en redes sociales:

ARTEIXO

"O Balneario e o Santuario de Pastoriza foron os que situaron Arteixo no mapa"

"En tranquilidade e ritmo de vida quedaríame coa vila de antes" - "O blog nace para difundir as historias antes de que se perdan"

"O Balneario e o Santuario de Pastoriza foron os que situaron Arteixo no mapa"i. a.

-Que pode lerse no libro?

-É unha viaxe ao Arteixo de antes. Dos anos 40, 50 e así ata chegar aos 70. Son 38 crónicas nas que se fala dos primeiros locais de hostelería e de como era a vida do concello neses días e tamén a vida das parroquias. Fálase das percebeiras de Rañobre, do aeroporto que estivo a piques de asentarse en Arteixo e fálase de fútbol. Aparecen dous capítulos de Arsenio Iglesias: un da súa etapa como xogador e outro como adestrador. Hai un pouco de todo. Moitas delas que a xente descoñecía.

-Como está estruturado o libro Crónicas de Arteixo?

-As 38 crónicas están postas por orde cronolóxica.

-O libro parte do seu blog, Crónicas de Arteixo. Por que decidiu abrir este espazo na rede?

-Decidín crear o blog porque sempre fun consciente de que as informacións que fun xuntando ao longo da miña vida non ían chegar a papel. O blog nace para difundir esas historas antes de que se perdan. Ese era o obxectivo.

-O blog voltouse moi coñecido neste tempo.

-A semana pasada superou as 200.000 visitas. Estou nunha nube porque estamos falando dun blog de ámbito local e que ten dous anos.

-Con cal das 38 crónicas se queda?

-Quédome con todas. Téñolle o mesmo cariño a todas.

-Recopilando estas historias puido coñecer mellor a historia de Arteixo. Cal é mellor: o Arteixo actual ou o de hai 50 anos?

-Depende un pouco como se plantexe a vida. En tranquilidade e ritmo de vida quedaríame co Arteixo de antes evidentemente. Co Arteixo no que a xente falaba unha coa outra, no que a xente daba os bos días e no que necesitabas un favor e estaba toda a xente disposta a axudar. No Arteixo de hoxe en día iso non se respira. Seguramente nas parroquias, si. No núcleo urbano, non.

-Cambiou moito o Arteixo actual respecto o de hai 50 anos?

-Arteixo vila, si. Eu fago 47 anos a semana que vén e recordo ver moitos solares vacíos.

-Practicamente só existía A Baiuca?

-Iso era máis na época dos meus avós. Nos anos 30 ou 40. O Arteixo actual empezou a mudar a súa fisonomía nos anos 60 co polígono [de Sabón]. Antes diso a vida xiraba entorno o Balneario e A Baiuca. O Arteixo de hoxe xira entorno do polígono, por non dicir Inditex.

-Por que escolleu a imaxe do trolebús para a portada do libro?

-Entendo que é unha imaxe que reflicte o que buscamos. Este trolebús funcionou dende os 50 ata os 70. Esta imaxe reflicte dúas décadas que aparecen con forza no libro.

-Imaxino que no libro aparecerá moito o Balneario.

-Dedícolle un capítulo enteiro ao Balneario e tamén aparece de xeito indirecto noutras historias.

-Hai algún edificio que tivese tanta importancia en Arteixo como o Balneario?

-Iso quedará para crónicas posteriores. Pode ser o edificio da Garda Civil. A vida durante máis dun século a vida xirou arredor do Balneario. O Balneario foi o que situou Arteixo no mapa. E máis tamén o Santuario de Pastoriza, que tamén aparece no libro. De 50 anos para atrás era situado no mapa basicamente polo Balneario. Perdeu forza polo tema do polígono.

Pulsa para ver más contenido para ti