Síguenos en redes sociales:

A LARACHA

Os laracheses poderán renovar o seu DNI no edificio administrativo os días 25 e 28 de maio

Unha unidade móbil da Policía Nacional estará os días 25 e 28 de maio no novo edificio administrativo da Laracha, situado no número 60 da avenida de Fisterra, para renovar o Documento Nacional de Identidad (DNI).

O Concello explica que o cupo é limitado e aínda quedan prazas dispoñibles. As persoas interesadas deberán acudir ao Concello cunha copia do seu DNI para reservar praza, que serán outorgadas por orde de inscripción.

Pulsa para ver más contenido para ti