Síguenos en redes sociales:

Participantes no programa de envellecemento activo de Bergondo.

As herbas medicinais de Bergondo: o ‘ebook’ feito polos participantes no programa de envellecemento activo

O Concello bergondés edita e difunde na web municipal un libro electrónico que compila os saberes, aplicacións e receitas tradicionais elaborado polos participantes na iniciativa

Apuntes de campo. Usos tradicionais das plantas medicinais en Bergondo. É o título do libro electrónico feito polos participantes no programa de envellecemento activo Saudable-MENTE que o Concello bergondés difunde na web municipal para desfrute de todos os veciños.

Participantes no curso cun cesto con herbas medicinais. | // C. B.

Este ebook é unha recompilación de saberes, receitas e aplicacións compartidas nos obradoiros e paseos realizados ao longo do pasado ano para recoñecer as plantas silvestres que medran polos contornos dos centros sociais de Bergondo.

Maquetado con mimo, o libro repasa os posible usos de doce plantas silvestres e seis de horta e xardín con propiedades medicinais. Os autores, asesorados pola herbalista Rosalía Bermúdez, expoñen as utilidades máis coñecidas, os remedios tradicionais e as receitas feitas durante o curso con plantas como a ortiga, a herba da andoriña, a lingua de ovella, o fiúncho, o bieiteiro... E, para evitar usos indebidos, a publicación recolle tamén as precaucións que deben tomarse e as posibles contraindicacións.

Participantes no programa de envellecemento activo nunha excursión.

Os profanos na materia que consulten estes apuntes de campo aprenderán que o sabugueiro, ademáis de curar arrefriados, é un remedio eficaz para alonxar as toupas da horta; que a ceridonia é man de santo para as verrugas e que as follas da chantaxe tanto valen para aliviar as toses en infusións como para calmar contusións mediante cataplasmas.

Outra planta silvestre con innumerables propiedades é o fiúncho, herba imprescindible no ramo de San Xoán e moi utilizada para cocer as castañas, tamén serve para baixar a tensión. A herba de San Xosé (Achillea millefolium) non só é eficaz como remedio para feridas e quemaduras, senón que tamén alivia as hemorroides e axuda a regular a menstruacción. E unha infusión de dente de león, cola de cabalo e grosellero negro é un bo remedio natural para as molestias articulares, detalla o ebook.

Os participantes neste curso repasan tamén as propiedades e plantas de horta e xardín como a herba lúisa, melisa, xarxa, áloe vera ou a oliveira... Uns coñecemementos que comparten agora con todos os veciños para promover un envellecemento saudable.

Das novas tecnoloxías ao ‘mindfulness’

O programa de envellecemento activo é un programa que promove o departamento de Servizos Sociais de Bergondo dirixido a persoas maiores de 55 anos. O Concello bergondés oferta este ano distintas actividades, que van desde cursos de novas tecnoloxías para o manexo de tablets, ordenadores ou móviles a obradoiros de memoria activa ou mindfulness (atención plena). Os maiores de 55 anos poden apuntarse tamén a clases de inglés o de creación audiovisual. As actividades realízanse no edificio municipal da Senra e nos centros sociais e ao longo do curso o Concello organiza distintas saídas e excursións co dobre propósito de ofrecer opcións de ocio e tempo libre e fomentar hábitos saudables entre os participantes. O libro de plantas medicinais editado a través do programa Saudable-MENTE do pasado ano pode descargarse na web municipal.

¡Regístrate y no te pierdas esta noticia!

Ayúdanos a adaptar más el contenido a ti y aprovecha las ventajas de nuestros usuarios registrados.

REGÍSTRATE GRATIS

Si ya estás registrado pincha aquí.