Memoria Histórica escolle ao sadense Jesús Castro como Republicano de Honra
Recoñece o seu “activismo social, cultural e político”
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, nunha reunión da asemblea xeral de socios e socias celebrada o pasado mércores, fixo unha deliberación e votación para a elección da persoa que este ano 2024 levará o título de Republicano de Honra e esta distinción recaeu no sadense Jesús Castro Vidal. Segundo a Comisión, Castro Vidal, que este ano cumprirá 97 anos (cun irmán, Ricardo, que morreu en combate na Guerra Civil como membro dunha escuadra de combate na fronte de Teruel), é coñecido polo seu “activismo social, cultural e político”.
Jesús Castro formou parte de entidades como a Plataforma pola Democracia en Sada (que este ano cumpre dúas décadas, coma a Comisión pola Memoria), a Asociación Irmáns Suárez Picallo, e outras. Tamén formou parte de diferentes candidaturas ás eleccións municipais sadenses e impulsor do monumento-memorial que existe no paseo marítimo en recoñecemento ás vítimas da represión franquista na localidade.
O martes 19 de marzo a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica ten convocado un grupo de traballo de asociados para a elaboración do programa de actividades e actos con motivo do Día da República, na Casa Museo Casares Quiroga.
Temas
Más en Gran Coruña
-
Un matrimonio de ingenieros oleirense crea a Suso, ‘un Alexa gallego’ que te lleva la compra
-
Tragsa se hará cargo del servicio de limpieza de edificios de Cambre de forma provisional hasta que se regularice la concesión
-
Los festivales que no te puedes perder este verano cerca de A Coruña
-
Adelina Batlles profundiza en el Pazo de Meirás en la relación entre Galdós y Pardo Bazán