Síguenos en redes sociales:

Luar na Lubre e Ismael Serrano interpretarán un tema xuntos en 'Luar'

O programa presentado por Xosé R. Gayoso recibirá hoxe á cantante Rosario, que presenta o seu disco 'Gloria a ti', dedicado a súa nai

Luar na Lubre e Ismael Serrano interpretarán un tema xuntos en 'Luar'

O programa Luar recibe hoxe no escenario á Rondalla de Santa Eulalia de Mos, que se fixo popular nas redes sociais pola súa incrible interpretación do tema Thunderstruck de AC/DC. Ademais, no espazo da Televisión de Galicia (TVG) presentado por Xosé R. Gayoso tamén actuará a artista Rosario, que presenta o seu último disco Gloria a ti, inspirado na súa nai, Lola Flores. Este álbum conta cun tema inédito do seu irmán Antonio Flores, e con colaboracións con afamados artistas como Leiva e o cubano Descemer Bueno. A artista cantará esta noite Gloria a ti, Por un beso tuyo e Ay mamasota.O cantautor Ismael Serrano e o grupo de folk galego Luar na Lubre, que mañá conmemorará o seu 30 aniversario cun concerto en Santiago, tamén se achegarán ao estudio e, ademais de por separado, interpretarán un tema xuntos. A xove cantante coruñesa Irene Cerqueiro cantará tamén con Luar na Lubre o tema Dun tempo para sempre, composto polos seus pais, Daniel Cerqueira, ex guitarrista do grupo, e Anna Espinosa, primeira cantante, que apareceu no disco de Luar na Lubre Ara Solis (1993).

Na sección dedicada a música tradicional galega estarán hoxe as Pandeireteiras Xaviñanas, a Coral de Ruada e o Grupo de Baile Adaíl. Ademais, o humorista Moncho Borrajo regresa cun monólogo en directo e Pablo Carpintero, na súa sección de músicas de fóra de Galicia, estará acompañado da Asociación Cultural Contrarronda de Salamanca. No apartado Leña á ferreña, presentado por Pile Alonso, que enfronta a dous pandeireteiros para decidir cal é o mellor, participarán Patricia Sánchez e Margarita Varela. Pero non todo será música, o amor tamén terá un lugar na sección Luar de mel presentada por María Carballeira.

O programa dará remate co concurso Recantos, presentado por Tania Veiras. Nesta eliminatoria Ruth Cundíns, de Terras de Compostela, interpretará Congratulations e O Pérez do Miño cantará Gabián ou pomba.

Pulsa para ver más contenido para ti