O saxofonista galego Xosé Miguélez presenta o seu novo disco no 'Zigzag'
O convidado de hoxe no estudio de gravación de Zigzag será Xosé Miguélez, considerado un dos saxofonistas de jazz máis destacados da puxante nova xeración de músicos galegos. Miguélez acaba de lanzar Ontology, un disco gravado nos EUA co produtor Matt Otto e outros músicos americanos, pero inspirado nun romance que Dorothé Schubarth lle recolleu á súa tía avoa Amparo nos anos 80 en Laza.
Outra das propostas do programa da tarde de hoxe é Os danzantes dos reis, o novo traballo do fotógrafo Eutropio Rodríguez, un retrato da danza que os habitantes de Riofrío, en Mondariz, bailan todos os 6 de xaneiro.
Finalmente, a xornalista María Yáñez, colaboradora de Zigzag, falará de como o audiovisual e a creación de contidos para as redes se está a utilizar nas aulas como unha ferramenta de aprendizaxe.
Temas
Más en Televisión
-
Así se las gastaba Borjamina en 'Ahora Caigo': su carrera en solitario antes de integrarse en los 'Mozos de Arousa'
-
Tamara Falcó acusa gravemente a estos invitado a su boda: "No nos regalaron nada"
-
‘Traes unha cantiga?’ mergúllase na fonda tradición musical da vila de Ribadeo
-
Jorge Fernández comparte por primera vez una fotografía con su pareja