A TVG tomaralles o pulso ás urbes galegas no programa 'Latexos da cidade'
O novo espazo, protagonizado por cidadáns anónimos chega hoxe á grella
A Televisión de Galicia (TVG) comeza hoxe a medir os Latexos da cidade, un novo programa que lles tomará o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus protagonistas: as persoas que as habitan, con vidas extraordinariamente normais mais cheas de contrastes e matices. A través das súas rutinas, os espectadores saberán, por exemplo, a que hora espertan A Coruña ou Vigo, a que hora abren os colexios en Ferrol, que fai un policía ou un bombeiro no seu día a día en Pontevedra ou en Ourense e en que lugares se desafogan os lucenses despois dun duro día de traballo.
Cada semana, os espectadores coñecerán tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome, voz e historia ás persoas coas que se cruzan cada día. Serán persoas anónimas, cos seus traballos, coas súas inquedanzas e con vidas dignas de ser contadas. O programa achegarase ás diferentes facetas do seu día a día para comprobar de que está composto o seu universo particular. Ademais, a audiencia descubrirá como o corazón da xente latexa ao mesmo ritmo que o das cidades onde viven.
O panadeiro, a froiteira, o deseñador, a arquitecta, o camareiro, a profesora, a praceira, o traballador da recollida do lixo, o artista de rúa, o cura, a monxa, o xeadeiro, o carteiro, a psicóloga, o cirurxián, a peiteadora, o repartidor, o policía, a garda civil, o taxista, o comercial, a churreira... Todos estes personaxes e moitos máis fan latexar unhas cidades que non dormen, nin de día nin de noite.
Temas
Más en Televisión
-
Así se las gastaba Borjamina en 'Ahora Caigo': su carrera en solitario antes de integrarse en los 'Mozos de Arousa'
-
Tamara Falcó acusa gravemente a estos invitado a su boda: "No nos regalaron nada"
-
‘Traes unha cantiga?’ mergúllase na fonda tradición musical da vila de Ribadeo
-
Jorge Fernández comparte por primera vez una fotografía con su pareja