Rosa López e Budiño, estrelas da noite no 'Luar'
A gañadora da primeira edición de 'OT' presentará a súa nova versión do tema 'A quién le importa'
Rosa López regresa ao escenario do Luar da Televisión de Galicia (TVG) para presentar a súa nova versión do clásico de Alaska y Dinarama A quién le importa e o seu recente sinxelo Vacío, un canto á superación co que a artista granadina dá un novo xiro ao seu estilo musical. Xosé Ramón Gayoso e Beatriz Serén estarán hoxe á fronte do programa, mentres que a tamén presentadora Patricia F. Santana conectará, en directo, desde Padrón.
Outra das grandes propostas musicais da noite chegará coas intervencións de Xosé Manuel Budiño. O artista e compositor galego ofrecerá esta noite algúns dos temas cos que se reinventa en Fulgor, o seu último álbum con dez cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.
A cantante Marietta, coñecida pola súa arte interpretando rancheiras; Joselito, membro do grupo Acirema, que lanza hoxe o tema Canto ás orquestras galegas co que quere facer unha homenaxe ao colectivo das orquestras, moi afectado polas restricións a causa do coronavirus, e o baile e os sons tradicionais da asociación folclórica O Fiadeiro, de Vigo, completan o elenco artístico deste venres.
Os presentadores contarán, amais, no estudio coa colaboración do experto en animais Octavio Villazala; e co humor do dúo Brandariz e Veiga e de Cuqui colaborador do programa.
Temas
Más en Televisión
-
Alejandra Rubio, tras el ataque de otra hija de Bigote Arrocet: "Me ha sorprendido porque sé como es y no le gusta participar en esto"
-
Prime Video prepara un documental relacionado con 'OT 2023' tras su éxito
-
Ana Rosa, brutal contra Sánchez tras anunciar que no dimite: "No nos vamos a poner una mordaza"
-
Risto Mejide, tras la decisión de Sánchez: "Yo también he aprovechado para reflexionar estos cinco días, pero sin cogérmelos libres"