'O son da ribeira' ofrecerá desde Viveiro versións de 'Catro vellos mariñeiros'
O grupo coruñés Bastards on Parade ofrecerá unha interpretación moi curiosa do tema no espazo que X. H. Rivadulla Corcón dirixe e presenta na TVG
O programa O son da ribeira, que emite a Televisión de Galicia (TVG), aproveitará hoxe para escoitar no concello de Viveiro e o porto de Celeiro unha das cancións mariñeiras máis populares, Catro vellos mariñeiros, e falar tamén con catro vellos mariñeiros. Musicalmente iniciarase o programa cunha versión interpretada por Os Firrás, de O Grove, un grupo, co estilo da canción mariñeira de taberna.
Para coñecer a historia desta canción e tamén a historia pesqueira de Celeiro, X. H. Rivadulla Corcón falará co escritor Vicente Míguez, nacido en Celeiro e de familia mariñeira. Na Confraría de Celeiro xuntaranse a catro vellos mariñeiros: Moncho Pérez, que coñeceu a época dos roxóns; José Cabaleiro, de neno traballaba a xávega; Andrés Díaz contará de cando aínda había porto en Viveiro e da moita actividade pesqueira desa época, e con Manuel Méndez lembrarase a vella lonxa.
Versión 'coruñesa'
O son da ribeira ofrecerá unha versión moi curiosa da canción protagonista desta edición, a proposta rock dun grupo da Coruña, que se chama Bastards on Parade. Unha versión moi sentida, que siga o ritmo da música máis tradicional atópaa o programa da Televisión de Galicia en Cabo de Cruz, co grupo formada por mulleres do mar: Nunca é tarde.
Catro vellos mariñeiros é un tema que reivindica o valor de todas as xentes do mar, e acada a condición de himno dun colectivo con profunda identidade propia, sustentada pola cultura do mar. E nesta condición é unha canción que se proxecta en forma de música máis vangardista.
A entrega do programa que emitirá este sábado a canle autonómica despedirase cunha versión que amosa esta realidade, o tema do gaiteiro David Bellas, un destacado innovador da música de gaita, e o tema titúlao Divertimento cos catro vellos mariñeiros.
Temas
Más en Televisión
-
Juan del Val responde al rumor que circula "en Antena 3" sobre Iñaki Urdangarin y 'El Desafío'
-
Terelu, emocionada en su primer Día de la Madre sin María Teresa Campos: "No es un día fácil"
-
Nuria Roca explica la ausencia de Gonzalo Miró en su programa: "Nos ha cambiado por una mochila"
-
'Supervivientes' muestra la evacuación de Laura Matamoros y resuelve el futuro de Aurah tras su caída