O programa 'Malicia Noticias' voltará esta noite con novidades á grella da TVG
O espazo abrirá a oferta de entretemento do 'prime time' da canle pública - Contará a actualidade en clave de humor de domingo a mércores
Malicia Noticias volve esta noite con moitas ganas e novidades á grella da Televisión de Galicia. (TVG). De domingo a mércores, abrindo a oferta de entretemento do prime time da canle pública, o espazo máis pillabán da Galega volve para contar a actualidade, pero en clave de humor. As novas da nosa terra, o que se fala na rúa, o que lles interesa aos galegos, ou o que pasa nas redes sociais, todo será obxecto da atención e da visión máis tola do equipo deste divertido espazo.
Este ano, ademais dos coñecidos maliciosos do programa (Arturo Fernández, Pepe Capelán, Lucía Veiga, Noelia Rei, Brais Doval, Oswaldo Digón, Rocío Candal) e dos personaxes emblemáticos (Nenita, Santas Mariñas, secretario xeral de Panchangueo), chegarán novas fichaxes: Os Cazafochancas, os Patixogos e Xurxo Castelao.
Participación da audiencia
Outro dos puntos fortes desta tempada do programa será a Axenda de noticias do propio programa, en que se requirirá a participación dos espectadores para que digan que acontece na súa vila, cidade, barrio. Malicia Noticias faise eco deses chamamentos e dálles cabida no programa.
A das Redes maliciosas será unha aposta forte nesta nova etapa, tanto en pantalla coma nas plataformas do programa -Tik Tok, Instagram, Facebook, Twitter,...-. A xente nova tamén será a aliada do espazo, a través de memes, tik-toks, refaces?
E como non, os opinadores (novos e consagrados), que darán a súa sabia visión dos temas de actualidade e non deixarán nada indiferentes os espectadores. Malicia Noticias estará, amais, moi pendente das novas e contidos da grella da Televisión de Galicia (TVG) e da Radio Galega. A actualidade, o que está a pasar, do que fala a xente pero con malicia.
Temas
Más en Televisión
-
Así se las gastaba Borjamina en 'Ahora Caigo': su carrera en solitario antes de integrarse en los 'Mozos de Arousa'
-
Tamara Falcó acusa gravemente a estos invitado a su boda: "No nos regalaron nada"
-
‘Traes unha cantiga?’ mergúllase na fonda tradición musical da vila de Ribadeo
-
Jorge Fernández comparte por primera vez una fotografía con su pareja