Síguenos en redes sociales:

A programación da TVG énchese de ilusión e maxia para recibir aos Reis Magos

A canle amosará en directo as cabalgatas nas sete cidades galegas e emitirá un especial de ‘Luar’

A programación da TVG énchese de ilusión e maxia para recibir aos Reis Magos

A Televisión de Galicia (TVG) ofrecerá hoxe unha programación especial na xornada máis agardada polos pequenos da casa. Desde a tarde, a canle autonómica amenizará a visita das súas maxestades de Oriente a un dos seus estudios, coas actuacións dos seus artistas favoritos e con conexións en directo coas principais localidades galegas. Pola noite e por primeira vez na súa historia, o programa Luar cambiará de día para converter en toda unha festa a chegada dos magos de Oriente.

Esta tarde, a TVG ofrecerá ¡Que veñen os Reis! (18.00 horas), programa presentado por Paco Lodeiro e Loly Gómez, que contarán co apoio duns presentadores moi especiais, os seus respectivos fillos, Pablo e Nair. Ao longo deste espazo, a cativada poderá gozar coas actuacións dalgúns dos seus artistas favoritos, como o Xabarín e a Xababanda, Bolechas, A Gramola Gominola, María Fumaça, orquestra París de Noia, agrupación folclórica Cantigas e Agarimos, Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, e Pili Pampín, Ximena e Flavia. O ilusionismo tamén estará presente nas actuacións do mago Iago Fernández.

Será un especial en que os equipos de profesionais dos Servizos Informativos estarán en vivo nas sete cidades galegas e en Arzúa para amosar os desfiles e celebracións de acollida a Melchor, Gaspar e Baltasar. Un dos momentos máis máxicos da tarde producirase coa visita ao estudio da TVG das súas maxestades de Oriente, na compaña do seu séquito, para que ningún neno nin nena quede sen a ilusión de velos en directo.

Ademáis, o Luar cambia de día para que esta noite sexa unha festa. Natalia, a orquestra París de Noia ou Pili Pampín serán algúns dos encargados de amenizar a noite máis máxica do ano.

Pulsa para ver más contenido para ti