‘O Clan das Mariñeiras’ viaxa a Sada para coñecer o labor dunha peixeira
‘Caderno de bitácora’ chega a Portosín para falar cun patrón de cerco
TVG emite esta tarde, ás 18.50 horas, o capítulo 11 de O Clan das Mariñeiras que, baixo o título O soño de Montse Muñoz. Peixeira elegante como as ondas do mar, viaxa ata a localidade coruñesa de Sada para coñecer a esta muller, especialista no corte e limpeza do peixe. O programa, dirixido por X.H. Rivadulla Corcón e realizado por Producións Celta para a cadena autonómica, achegarase a unha muller que traballa xunto coas súas compañeiras Viki e Paloma, e o seu home, José Fernández.
Montse chega á peixería cando xa están os tres tras deixar á súa filla Noa no instituto. Na peixería hai bo peixe que José comprou no muro da Coruña, está colocado con mestría para resultar atractivo para as clientas, e as tres peixeiras coñecen ben o seu oficio. O programa servirá para coñecer que unha das partes máis complicadas do seu oficio é limpar o peixe e cortalo.
Deste xeito, os espectadores poderán ver como Montse Muñoz construíu a súa vida arredor de algo que non soñara, o oficio de peixeira, pero que converteu no seu soño, porque é peixeira con paixón. Nada sabía do oficio, pero aprendeu ata chegar a unha sabedoría profunda. Agora ser peixeira non é só un oficio é para ela unha sinal de identidade. Ademais, quere que a súa filla Noa consiga materializar un soño, algo que ela soñe ou algo que no devir da vida cumpra a función dun soño e que a moza aínda está a buscar. Por este motivo, o programa réndelle homenaxe a Monste con algo que representa o seu soño e que a súa filla vaille entregar.
Ó remate desde programa empeza Caderno de Bitácora no que o equipo visitará a Manolo Vázquez, patrón de cerco, en Portosín.
Temas
Más en Televisión
-
Risto Mejide frena a Echenique y defiende a Ferreras: "Aquí podría pasarnos también"
-
¿Cuánto cobró Margallo por su colaboraciones en la SER y 'Todo es mentira' al margen de su salario en el Parlamento Europeo?
-
TVE contrata un nuevo presentador para 'El cazador Stars'
-
Juan del Val responde al rumor que circula "en Antena 3" sobre Iñaki Urdangarin y 'El Desafío'