Síguenos en redes sociales:

Artistas de renome contarán grandes historias de amor nun especial da TVG

O programa emitirase hoxe na canle autonómica

Artistas de renome contarán grandes historias de amor nun especial da TVG

As máis emotivas historias de amor contadas por un feixe de artistas de renome. Iso é o que ofrece esta noite o especial Grandes cachadas. Hoxe quero confesar, presentado por Esther Estévez, na Televisión de Galicia (TVG). Todos eles escolleron no seu momento o programa Luar para abrir o seu corazón e ofrecer as súas cancións, así que desde ese escenario os espectadores irán coñecendo os protagonistas do programa. Deste xeito, escoitarán relatos de todo tipo: uns namorados, outros escaldados por culpa dunha relación, parellas felices e historias de dúos que, por non saber, non se sabe nin se son parella.

A propia Isabel Pantoja, cuxa coñecida canción lle dá nome ao programa, falará da súa relación de parella e do amor polos fillos. Estarán tamén Bertín Osborne, Ana Kiro, Chenoa, Raphael, Marta Sánchez e David Bustamante, entre outros. Coñeceranse historias sorprendentes, como a de Amistades Peligrosas, que ben parece un serial, xa que, despois de anos de desencontros e formar novas parellas, volven actuar xuntos. E dúos como Pimpinela ou Camela, aos non une unha relación de parella, pero que cantan con éxito ao amor e ao desamor.

Ademais das intervencións dos protagonistas, o programa da TVG fará unha escolla de temas musicais que forman parte xa da banda sonora das nosas vidas, como Escándalo, de Raphael; Pega la vuelta, de Pimpinela; ou Pídechas o corpo, de Ana Kiro.

Pulsa para ver más contenido para ti