Síguenos en redes sociales:

‘Caderno de Bitácora’ vai á Guarda para coñecer a vida de Maruxo

O programa homenaxea ao pescador e á súa sensibilidade poética

‘Caderno de Bitácora’ vai á Guarda para coñecer a vida de Maruxo

O programa da TVG Caderno de Bitácora, dirixido, escrito e presentado por X. H. Rivadulla Corcón, desprázase hoxe á Guarda para pasar a xornada con cun home especial: Manuel Cadilla, Maruxo. Mariñeiro na baixura, no mar difícil da Guarda, e na altura en mares como o de Marrocos ou Namibia. E para coñecelo mellor estará acompañado polo seu cuñado Desiderio Rodríguez Cuqui e o tamén amigo José María Lomba Chiño, tamén homes de mar.

A Guarda é un enclave que aporta mariñeiros de moita sensibilidade, e os espectadores van descubrilo con Maruxo recitando a Rosalía de Castro e un poema da súa autoría. Pola súa sabedoría mariñeira, a súa sensibilidade poética, e o seu carácter entrañable Maruxo merece o noso recoñecemento e homenaxe.

Todo en Maruxo foi mar, porque o mar o condicionou todo. Xa con dezaseis anos a vida empuxouno ao mar, e o espazo onde naceu, A Guarda. Neste mar bravo, con dezaseis anos descubriu que significa en verdade o mar bravo, cando empezou a traballar a arte do trasmallo.

Logo cruzou a liña do horizonte para ir á pesca da lagosta a Marrocos, pesca que dou fama aos mariñeiros deste porto. Como tamén a pesca dos grandes peixes, o espada, o marraxo e os atúns.

Por outra banda, o programa Naufragos da TVG, ofrece mañá ás 11.50 horas o capítulo titulado Nas rochas familiares, no que aborda a traxedia do Nuevo Cacharelo en 2002. Cando os homes deste barco levantaban as últimas nasas, o patrón veu vir unha forte onda e intentou manobrar, pero en segundos o golpe de mar fixo dar volta ao barco. Julio César Entrerríos, o patrón, e Álvaro González perderon a vida. Só sobreviviu Miguel González, agarrándose a unha defensa do barco.

Pulsa para ver más contenido para ti