Chelo Matesanz presenta na TVG a exposición que ofrece en Palexco
A mostra ‘Incredigirls’ reflexiona sobre a muller a través da arte
A última mostra de Chelo Matesanz na Coruña chega hoxe á TVG. O programa Zigzag ofrece esta tarde unha entrevista coa artista, que exhibe no Palexco a exposición Incredigirls. Nela reflexiona “sobre a muller e a feminidade a través da arte”.
A artista presenta medio cento de pezas, algunhas delas inéditas, que recollen dez anos de traballo sobre roles e modelos patriarcais, así como a pulsión sexual. Pintura, escultura, debuxo, collage e audiovisual integran a colección.
O espazo da G2 tamén falará sobre Da terra, semente. Trátase dunhas residencias de co-creación artística coa comunidade postas en marcha pola Rede Museística da Deputación de Lugo. Nelas, catro creadoras contemporáneas desenvolven, desde diferentes disciplinas, un diálogo artístico coas comunidades locais próximas ao pazo de Tor, en Monforte. Carla Andrade desde o audiovisual, Eva Antelo na creación interdisciplinar, a fotografía de Tamara Wassaf e as performances de María Roja atópanse nesta iniciativa.
Ademais, o programa botaralle unha ollada á carteleira de cinema alternativo e, na sección de música, Marta Gómez falará dos novos traballos de Big Chief, David Regueiro e Catuxa Salom, unha muller que irrompeu con forza no panorama musical galego cunha proposta innovadora, mesturando música tradicional galega con ritmos tribais e sons electrónicos.
E o programa A Revista interesarase este luns pola diabetes infantil, considerada a terceira enfermidade crónica máis común na infancia, cuxa incidencia está a medrar de xeito alarmante durante os últimos anos. Para falar deste tema, o programa contará coa presenza da pediatra Paloma Cabanas, de Ana Belén Outeiral, diabética tipo 1, e de Raquel Pérez Castiñeiras, nai dunha nena con diabetes.
Temas
Más en Televisión
-
Alejandra Rubio, tras el ataque de otra hija de Bigote Arrocet: "Me ha sorprendido porque sé como es y no le gusta participar en esto"
-
Prime Video prepara un documental relacionado con 'OT 2023' tras su éxito
-
Ana Rosa, brutal contra Sánchez tras anunciar que no dimite: "No nos vamos a poner una mordaza"
-
Risto Mejide, tras la decisión de Sánchez: "Yo también he aprovechado para reflexionar estos cinco días, pero sin cogérmelos libres"