‘A porta aberta’ aborda a historia da Asociación Sindical de Guionistas
O programa emítese esta noite, ás 21.30 horas, na TVG2
A porta aberta ofrece hoxe, ás 21.30 horas na TVG2, unha nova entrega do programa que, baixo o título Asociación Sindical Galega de Guionistas. Guionizar o futuro aborda a historia e o traballo que desenvolve este colectivo. Elaborado por Producións Celta para a canle autonómica, conta coa presencia e os testemuños do vicepresidente, Ángel Manzano; o tesoureiro, Víctor Grande, e os asociados Ángela Andrada e Fernando Tato.
A Asociación Sindical Galega de Guionistas reúne aos profesionais do sector co obxectivo de defender os seus dereitos, pero tamén para dialogar coa sociedade e así deseñar os produtos en función das súas demandas. Deste xeito, o programa explicará aos televidentes que o medio audiovisual é hoxe unhas das canles máis demandadas para o coñecemento da realidade por un sector moi representativo da cidadanía. Por este motivo precísase duns profesionais do guion cunha alta cualificación, que sexan quen de ler correctamente a realidade e así transmitila transformada en produtos axeitados para o entretemento e a transmisión de coñecementos. Esta é unha das funcións do colectivo que hoxe centra o programa.
Intercambio de ideas
Ademais, o audiovisual é un dos sectores máis globalizados o que fai que outra das inquedanzas da Asociación Sindical Galegad e Guionistas sexa a conexión dos seus asociados cos profesionais de audiovisuais producidos noutros lugares, especialmente noutras comunidades de España. Tamén promove o intercambio de ideas.
Temas
Más en Televisión
-
Susto en 'Supervivientes' por el impactante desmayo de Blanca Manchón: "¡Tomadle el pulso!"
-
'El 1%' crece en Antena 3 pero no puede contra 'Supervivientes', que se mantiene líder en Telecinco
-
Anabel Pantoja, traicionada por su novio: 'Fiesta' destapa una infidelidad de David con una mujer, que podría hablar muy pronto
-
El duro relato de Lara Álvarez tras sufrir acoso en su colegio: "Llegué a recibir pedradas"