Síguenos en redes sociales:

“Grazas á vida” amosa o percorrido de 8 invitados esta semana na TVG2

O programa revisa traxectorias dedicadas ao mar, a arte e a radio

“Grazas á vida” amosa o percorrido de 8 invitados esta semana na TVG2

Grazas á vida, programa de Producións Celta para a TVG, propón esta semana aos seus espectadores un percorrido polos escenarios da traxectoria vital de oito novos invitados. Será en catro novas entregas que se emitirán de martes a venres, ás 17.25 horas. O mar, a arte, a radio, a música e o sector sanitario son os ámbitos nos que se desenrolou a vida laboral destes oito galegos.

A presentadora do espazo, Noa García, recibe o martes aos dous primeiros invitados. Trátase de Nieves Fontán, que vendeu peixe polas rúas de Portonovo e nas prazas de abastos desta localidade e de Sanxenxo, e José Antonio Gómez, Joselito, mariñeiro e patrón de cerco que foi patrón maior de Portonovo.

O programa do mércores contará con dous artistas como protagonistas. Un deles é J. Méndez Pitelos, pintor e escultor compostelán que xoga coa mitoloxía en obras que se moven entre o surrealismo e o barroco e tamén creador de escenografías para teatro e ópera. O outro artista convidado é César Lombera, un dos escultores con maior obra pública en Galicia —obra súa son as Marías da Alameda de Santiago—.

A voz creativa é o fío conductor da terceira entrega do Grazas á vida desta semana, que escoita, o xoves, o relato vital de dúas mulleres ourensanas. Son Nora Sola, locutora radiofónica, e a cantante María do Ceo, dama do fado nacida en Porto, pero que chegou a Ourense de nena da man dos seus pais.

O capítulo do venres ocúpase doutras dúas mulleres, neste caso traballadoras sanitarias: Pura Seco e Isaura González. Pura foi enfermeira no Pirulí en Vigo, pero foi en As Pontes onde desenrolou case toda a sua carreira profesiona. Isaura González, pola súa parte, estudou enfermería e conseguiu praza como matrona e traballou nos centros de saúde de Neda e Narón ata que se xubilou hai sete anos.

Pulsa para ver más contenido para ti